Portos de Galicia flexibiliza o pago das taxas nos peiraos autonómicos

BARBANZA> A consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, toma a decisión de flexibilizar o pago das taxas nos peiraos autonómicos por mor da crise do coronavirus. Con esta medida preténdese aliviar a delicada situación económica da maioría dos usuarios dos espazos portuarios.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, informou da decisión tomada por Portos de Galicia de flexibilizar o pago das taxas nos peiraos autonómicos polo coronavirus. Segundo ela o prazo voluntario para o pago das liquidacións de impostos xa emitidas, e que vencían a partir do 18 de marzo, foi adiado ata o próximo 30 de abril.

Portos de Galicia tamén acordou aprazar ata dous meses despois de que remate a declaración do estado de alarma, a emisión de novas facturas por taxas portuarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí