VILANOVA> Este ano fixéronse agardar, pero xa están aquí. Os mozos da comisión de Festas de Caleiro, en Vilanova, xa teñen todo listo para a festa de San Isidro Labrador deste vindeiro sábado.
Como xa é tradición, para desvelar o cartel publicaron a través das súas redes un vídeo. Este ano seica andaban un pouco desaparecidos, a ver se libraban de facer a festa.
Ao final houbo que recorrer a unha das veciñas máis célebres da zona para dar con eles. Todo sexa pola troula.











