‘Aula Xuventur’ achega o mundo do mar ós escolares galegos

    aulaxuventur copia.jpg VILANOVA> Trátase dun programa educativo composto por tres módulos. O primeiro, ‘Vive o mar’, estase a desenvolver no albergue xuvenil de As Sinas.

    {flowplayer}images/salnes/DIRECTOR_XUVENTUDE_SINAS.flv{/flowplayer}

    ‘Vive o mar’, ‘Mulitaventura no Miño’ e ‘Planeta Mar’ son os tres módulos que compoñen o programa ‘Aula Xuventur’. Está dirixido a alumnos de Educación Secundaria e Bacharelato e ten como finalidade descubrir o mundo mariñeiro e o ecosistema mariño á mocidade galega.

    Nestes intres estase a desenvolver o primeiro dos módulos, ‘Vive o mar’, no albergue das Sinas, en Vilanova. Alongarase ata o mes de abril e preto de 400 nenos de 12 a 16 anos xa participaron nas actividades programadas, como a visita ó porto de Corón, a unha cetaria e unha fábrica de conservas ou a saída ó mar en galegón. En marzo comezará a segunda parte do programa, ‘Multiaventura no Miño, en Portomarín, e nos meses de maio e xuño completarase o programa coa última fase, ‘Planeta Mar’. Será no albergue xuvenil de Gandarío, e amosarase o mundo das embarcacións tradicionais e o ecosistema acuático. Os centros que desexen participar deberán inscribirse a través da web www.xuventude.net. O prezo por alumno oscila entre os 30 e os 37,50 euros.

    Redacción Salnés