Gerardo Méndez e TVE premios especiais da gala da FGPD

 CAMBADOS> A entrega dos premios Galicia de xornalismo deportivo tivo lugar no Auditorio Municipal da Xuventude e contou coa presenza de numerosas autoridades. Entre os premiados estiveron entre outros, Televisión Española e Diario de Pontevedra.

{flowplayer}images/salnes/GalaDeporteCambados_160413.flv{/flowplayer} 

O xurado que outorga os premios Galicia de xornalismo deportivo quixo facer unha mención especial a dúas actuacións puntuais: a título póstumo a Gerardo Méndez pola súa contribución ó xornalismo e o balonmán galego, e á sección Deportes de Televisión Española pola súa cobertura da Volta Ciclista a España no seu paso por Galicia.

Foron dous dos momentos máis destacados dunha gala que contou coa actuación de María do Ceo e á que acudiron numerosas autoridades, como o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Lete ou o presidente provincial, Rafael Louzán, que fixeron defensa tanto da profesión de xornalista como da provincia de Pontevedra.

O Premio Enrique Mariñas foi a caer a mans este ano de Francisco Chico, pola súa contribución ó xornalismo deportivo nacional é internacional, na modalidade de ciclismo. En prensa escrita o galaradón foi a parar á redacción de deportes do Diario de Pontevedra; en fotografía para Ramsés Manuel Otero polo seu traballo “Igualdade Máxima”; na categoría de mellor traballo audiovisual o premio foi para o xornalista da TVG Luís Timiraos, por “Os irmandiños do fútbol galego”. En radio destacouse a labor de Fran Hermida na dirección do programa "Coruña Deportiva", da Cadena Ser. En canto ó periodismo dixital a web www.curuxarallye.info levouse o premio pola calidade da páxina e a solvencia para trasladar as vivencias do deporte do motor.

Tamén se destacou a traxectoria profesional de catro veteranos xornalistas galegos: o coruñés Roberto Moscovich, o lucense Francisco Basanta, o ourensán José Gonzaléz e o pontevedrés Ramiro Espiño.

Redacción Salnés