Eduardo Barreiro, novo campión galego xuvenil

tenisdemesa250_200110.jpgCAMBADOS> Paráronse as ligas tanto nacionais como autonómicas no tenis de mesa, pero disputouse en Cambados o campionato galego xuvenil. Os xogadores locais acadaron grandes resultados entre os que destacou a victoria individual de Eduardo Barreiro.

Esta fin de semana celebrouse no Pavillón de San Tomé o Campionato Galego xuvenil de tenis de mesa nos que o Cambados acadou uns bos resultados, pese a que dende o seo do club se agardaba máis dalgúns xogadores.

Na proba por equipos sumáronse dous subcampionatos, tanto no torneo masculino como no femenino. No dos homes, o conxunto formado por Eduardo Barreiro, Fernando Padín e Martín Regueiro chegaron ata a final de forma aplastante, sin ceder ningún punto en tódolos partidos que disputaron. Pero na final as cousas cambiaron. Enfrontáronse ó Oroso de Santiago, púidolles a presión de ser favoritos e acabaron cedendo por 3 a 1. En xeral o campionato foi moi bo, pese á decepción que supuxo non alzarse co título.

As mulleres tamén accederon á final co equipo formado por Gema Cores e Cristina Barreiro. No encontro decisivo atopáronse con gran favorito ó título, o Arteal, tamén de Santiago, co que nada pudieron facer. Pese a derrota a sensación que deixou o xuvenil femenino foi moi boa, tras deixar na cuneta a duros rivais.

Nas probas individuais destacou a victoria de Eduardo Barreiro que se impuxo con autoridade ó resto de competidores. Fernando Padín non puido pasar dos cuartos. Na mesma rolda no cadro femenino quedouse Raquel Martínez, mentres que Gema Cores accedeu ata as semifinais onde tamén quedou apeada da loita polo título. Pese a iso, impúxose na final de consolación e rematou terceira.

O Cambados Tenis de Mesa valorou moi positivamente estes resultados, cunha medalla de ouro, dúas de prata e unha de bronce.

Redacción Salnés