O xulgado retira a custodia da súa filla menor á nai de Diana Quer

    RIBEIRA> O Xulgado de Instrucción número 2 de Ribeira retira á nai de Diana Quer, a moza desaparecida na Pobra, a custodia da súa filla menor, Valeria, de 16 anos. Para o pai de Diana esta decisión chega tarde, e o abogado da nai afirma que a decisión é temporal e inoportuna. O pai da moza desaparecida, Juan Carlos Quer, compareceu ante os medios para confirmar a retirada da custodia da filla pequena, Valeria, á nai das rapazas. Asegurou que foi una medida temporal tomada de oficio, e que non ten que ver coa desaparición de Diana. Sen dicir onde, asegurou que Valeria atópase agora protexida en un entorno estable, Iso sí, deixou claro, que para él, esta medida chega tarde. Juan Carlos non quixo profundizar nos detalles das múltiples irregularidades, segundo afirmou, houbo no proceso da custodia, xa que o importante agora é localizar a Diana. Juan Carlos agredeceu a labor dos efectivos de búsqueda e dos vecinos que están colaborando. E quixo facer de novo un chamamento á colaboración cidadá para recuperar a Diana sa e salva. O pai de Diana quixo enviar tamén unha mensaxe á súa filla. Juan Carlos segue mantendo a retención involuntaria como vía de investigación con máis peso. Arredor dos traballos de busca da súa filla, afirmou que se están extendendo a diferentes puntos do territorio nacional. Respecto da retirada da custodia, o abogado da nai de Diana, afirmou que se trata dunha medida cautelar, e para él, completamente inoportuna. Ademais considera que houbo irregularidades no proceso, polo que presentará un recurso. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/01/busca_moza_desaparecida_pobra_010920161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/01/busca_moza_desaparecida_pobra_01092016.mp4{/flowplayer}