O Auditorio acolleu a presentación do libro Eco in Aeternam

    eco100_200110.jpgVILAGARCÍA> Trátase do poemario de Andrea Porto gañador do XV Premio ‘O Grelo’, organizado pola Fundación Amigos de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/librovilagarcia_200110.flv{/flowplayer} 

    Andrea Porto Mato víu hoxe o seu soño feito realidade: ter nas súas mans o seu primeiro libro de poemas. A obra Eco in Aeternam foi a elexida como vencedora do XV Premio de Poesía O Grelo, convocado pola Fundación Amigos de Galicia, hoxe representada polo seu presidente Xesús Busto e o seu voceiro Luís Rial, e que contou coa colaboración do concello de Vilagarcía. Precisamente o edil de cultura Xosé Castro Ratón, destacou as cualidades desta xoven artista estradense á que lle augurou unha carreira repleta de éxitos.

    A propia escritora definiu o libro como unha escolma de vivencias propias. Recrea amores e lembranzas do pasado coa utilización do verso libre. 

    Eco in Aeternam conta cunha introducción feita por Antonio Grande en memoria de Xosé Alonso Sánchez, presidente do xurado deste concurso que faleceu días antes de dar a coñecer o veredicto.

    Fundación Amigos de Galicia sacará unha tirada inicial de 1.500 exemplares que serán distribuídos por toda Galicia, fundamentalmente por colexios e bibliotecas.

    Redacción Salnés