![]()
SANXENXO > O PSOE de Sanxenxo denuncia unha situación paradóxica: a construcción de catro chalés en Dorrón…
… van a impedir que se poida comezar a utilizar o novo cemiterio, ó que tamén lle faltan o crematorio A construcción de catro chalés en Dorrón vai a imposibilitar o uso do novo cemiterio; logo de que no pasado pleno de xaneiro se aprobase o novo regulamento para a súa posta en marcha.
Esta situación está a xerar un importante malestar entre os veciños e entre os grupos políticos da oposición, que sinalan á alcaldesa de Sanxenxo como responsable desta situación.
A construcción deste cemiterio emprendérona os veciños aló polo 1998, e logo foi o concello quen se ocupou de realizar o peche. Nos permisos de actuación especifícase que non se trata dunha ampliación do anterior posto que non existe continuidade física, ó que obrigou a tramitalo como un novo cemiterio independente.
En verán do ano pasado o concello deu permiso para construír estes 4 chalés, o que imposibilita a posta en marcha deste cemiterio, ó estar a menos de 50 metros dalgunha edificación, tal e como esixe a chamada lei de policía sanitaria mortuoria.
Os socialistas de Sanxenxo denuncian que esta é unha proba máis de como o Partido Popular antepón a especulación e a política do ladrillo ás necesidades veciñais, feito polo cal vai a pedir explicacións á alcaldesa, Catalina González. Este paradoxo está a preocupar e moito ós veciños de Dorrón, que se preguntan que pasará o día de mañá cando precisen utilizar este espazo mortuorio.
Redacción Salnés





