A Deputación entrega a Zona Aberta propostas de estratexia

    zona_aberta_copia100.jpgVILAGARCÍA> O informe elaborouse a través do Plan Comercia posto en marcha pola entidade provincial en 2009.

    {flowplayer}images/salnes/ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}

    Os técnicos da Deputación de Pontevedra, fixeron entrega dun dossier que contén un diagnóstico das asociacións da provincia adscritas ó Plan Director de Comercio, elaborado ó longo do ano pasado. O obxectivo deste estudio, é proporcionar apoio técnico para fixar novos proxectos ou consolidar os xa iniciados.

    No caso de Zona Aberta, os técnicos destacaron que é unha asociación moi consolidada centrada no comercio minorista.

    A presidenta da asociación vilagarciá, Rocío Louzán, agradeceu a colaboración da Deputación para impulsalo comercio.

    No informe se destacan os aspectos nos que o colectivo vilagarcián debe incrementar os seus esforzos para obter mellores resultados, como a comunicación interna cos seus asociados ou os usos do local.

    Redacción Salnés