A cafetería Enjoy de Vilagarcía sorprende aos seus clientes con mensaxes nos cafés

VILAGARCIA> Peticións de matrimonio nun café, felicitacións de aniversario nunha caña… todo isto é posible na cafetería Enjoy de Vilagarcía. O establecemento conta cunha máquina que imprime tinta vexetal e que permite adornar as consumicións dos clientes. A innovación, a sorpresa e o benestar dos clientes son os pilares deste local.

Cafeteiras hai moitas, que marquen a diferencia moi poucas. Unha que si o consegue é a Enjoy en Vilagarcía, que dende hai dous anos traballa na innovación do seus servizos buscando sorprender aos clientes e mellorar o seu benestar. Unha maneira de facelo é a través da súa máquina de impresión de imaxes.

A máquina imprime tanto mensaxes como imaxes, o que xa deu lugar a moitas anécdotas.

Con todo, o que se busca dende a cafetería non é máis que mellorar a estancia dos clientes.

Outro dos beneficios que estas actuacións traen para o establecemento é a interaccións cos clientes que promocionan a través das súas redes sociais a súa experiencia na Enjoy.

A máquina de impresión non é a única das innovacións que o local ofrece aos seus clientes.

A última das súas incorporacións é unha máquina que fai cócteles, o que permite que o seu sabor sexa sempre o mesmo. Isidoro Márquez asegura que seguirán traballando con cariño e con paixón para mellorar o establecemento e a experiencia dos seus clientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí