VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía aproba a adxudicación dunha nova empresa para poder rematar as obras da rúa Vázquez Leis de Vilaxoán. O informe do director da obra e dos servizos xurídicos permiten finalizar o acordo con Naxia para garantir a seguridade dos veciños. O novo prazo de execución da reforma é de dous meses.
A veciñanza da rúa Vázquez Leis comeza a ver a solución ao estado da súa rúa. O concello de Vilagarcía aprobou na xunta local finalizar o contrato con Nexia e adxudicar as obras a outra empresa. Unha solución tomada para garantir a seguridade dos veciños.
Garantir a seguridade dos veciños é o que permitiu ao goberno local poder pechar o contrato con Nexia e adxudicarllo a unha nova empresa.
A nova empresa adxudicataria acometerá os traballos pendentes. O custo será de 48 mil euros e agárdase que estea rematada en menos de dous meses.
O alcalde desexou que a obra poida rematarse o antes posible e cumprir coa promesa feita á veciñanza. Tamén quixo agradecer a comprensión e paciencia mostrada polos residentes na rúa Vázquez Leis.











