‘Meu pai está illado nunha habitación en condicións infrahumanas’

    denuncia_hospital_salnes_100_250119.jpgSALNÉS> María Sila Doce denuncia que o persoal do hospital do Salnés non entra na habitación do seu pai nin sequera para deixarlle a comida.

    {flowplayer}images/salnes/250110_protesta_contra_hospital.flv{/flowplayer} 

    Hai dez meses que o seu pai sufriu un accidente de tráfico. Rompeu unha perna, e no momento foi ingresado no hospital Domínguez de Pontevedra para ser operado. De alí trasladárono ó Salnés, xa que ó residir en Ribadumia, este é o seu centro de referencia. Xa entón comezaron os problemas, e tamén nese momento, a familia presentou as correspondentes reclamacións á xerencia do centro.

    María Sila non entende o por qué deste trato ó seu pai. Asegura que a finais do 2008 tamén estivo hospitalizado o seu avó, e entón o trato recibido foi exemplar. Pero desde que o pasado xoves ingresou o seu pai, o pesadelo repetiuse. Operárono da mesma perna na mañá do venres e logo illárono nunha habitación alegando que padecía unha infección.

    Pero mentres, María Sila insiste en que ademais do persoal de limpeza, tampouco pasan pola habitación as enfermeiras. É máis, nin sequera os auxiliares que reparten a comida se dignan a entrar para achegarlle a bandexa. Limítanse a petar e déixana fóra para que o acompañante, se está, saia a recollela.

    Tanto a dona como a filla do paciente aseguran que presentaron varias reclamacións e solicitaron reunirse co director do hospital, sen ter recibido polo momento contestación. E tampouco lles deixan trasladalo ó complexo hospitalario de Pontevedra, segundo María Sila, por ser o Salnés o seu hospital de referencia.

    Redacción Salnés