Merchi Álvarez apela a solidariedade para seguir co tratamento en Corea ante o silencio das administracións

CAMBADOS> Novo chamamento de Merchi Álvarez á solidaridade dos seus veciños. A cambadesa, que padece atrofia muscular espiñal, vese na obriga de reabrir a recadación de fondos para poder continuar o seu tratamento en Corea. Precisa de 80.000 euros para costear esta segunda viaxe. Denuncia que, a pesares dos seus intentos, o silencio da Xunta de Galicia é absoluto.

Merchi Álvarez volve apelar á solidariedade da veciñanza para poder continuar coa segunda fase do tratamento para a atrofia muscular espiñal que padece.

A presidenta de GaliciAme precisa recadar 80.000 euros para realizar esta segunda viaxe. O tratamento non está aprobado pola Axencia Europea do Medicamento, pero si pola coreana.

O número de conta solidario volve estar activo. Tamén se repartirán un cento de petos entre os diferentes negocios que queiran colaborar na recollida solidaria que permita a Merchi asegurarse un ano más de tratamento.

A pesares dos seus intentos, non conseguiu resposta ao seu caso de ningunha das administración. Si conta co apoio do concello de Cambados.

Merchi Álvarez explicou que solicitou reunións tanto co anterior presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como con Alfonso Rueda cando era vicepresidente. Peticións que en ningún caso foron atendidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí