Centos de seguidores de Fernando Alonso admiraron o seu coche en Pontevedra

    PONTEVEDRA > Ten sofisticados aleróns, un deseño agresivo e unha potencia de uns 900 cavalos. Sí, estamos falando do R-25 o coche que deu a victoria o campión do mundo de formula un Fernando Alonso. O vehículo causou sensación no centro Comercial a Barca onde estivo exposto por unha mutua madrileña. En Pontevedra todos seguían o piloto asturiano.

    Mutua Madrileña quixo darse a coñecer en Pontevedra dunha maneira moi especial. Co slogan “Chega o número un”, o coche de Fernando Alonso estivo exposto no Centro Comercial A Barca ante a mirada de  centos de seguidores que non dubidaron en fotografarse co espectacular R-21. Todos coñecían a carreira do piloto asturiano e por suposto dende o principio pertenceron a marea azul.

     

    En canto o coche para algúns o máis impresionante é o deseño, para outros o motor e o volante e para os que máis tan só as cores. O certo é que tanto pequenos como maiores deleitáronse con poder tocar o coche que tantas veces seguiron a través da televisión. Un bólido que esperan ver o primeiro na vindeira tempada.

    Redacción Salnés