![]()
NOIA> A confraría de Noia sementou máis de catro millóns de unidades de cría de ameixa procedentes do criadeiro do Freixo.
{flowplayer}barbanza/sementeiranoia.flv{/flowplayer}
Un ano despois da posta en marcha do criadeiro de semente no Freixo, o balance de resultados realizado pola confraría de Noia é do máis positivo. Veñen de sementar catro millóns de unidades de cría de ameixa fina e babosa, cincuenta mil de ostra e trinta mil de berberecho. Aínda que as perspectivas do póstio a medio e longo prazo son máis ambiciosos.
Na actualidade, estase a producir un importante volume de semente que se destinará ás bateas para o preengorde.
A intención da confraría é perfeccionar o sistema de funcionamento para mellorar o rendemento, corrixindo os aspectos que na actualidade limitan a produción.
Redacción Barbanza








