Conxelación dos impostos e taxas municipais para o 2014

    POBRA> Así o anunciou o executivo local despois de aprobar en solitario a conta xeral correspondente ó exercicio do ano 2012.

    Os votos a favor do equipo de goberno, o Partido Popular, serviron para sacar adiante a conta xeral de 2012. Os datos que se deron a coñecer durante o pleno evidencian un resultado positivo, sendo o balance de ingresos superior ó dos gastos, o que permitiu un remanente de tesourería que reduce o seu valor negativo dende o 1’3 millóns de euros ós 22 mil.Dende o executivo destacaron que se trata duns datos positivos, que veñen a amosar a melloría económica das arcas municipais, grazas tamén ó cumprimento do plan de axuste orzamentario, contribuíndo á redución dos niveis de débeda. Estes datos posibilitaranlle ó executivo pobrense poder conxelar os impostos, taxas e prezos públicos para o vindiero ano 2014. Unha medida que tamén foi anunciada polo alcalde durante o transcurso da sesión plenaria. De cara ó vindeiro ano o concello tamén anunciou que aumentará as bonificacións fiscais ás familias numerosas e tamén a aquelas con menos recursos económicos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/conxelacionimpostospobra061113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/conxelacionimpostospobra061113.mp4{/flowplayer}