Vilagarcía adquire unha parcela do Ramal por máis dun millón de euros e compartirá o uso do porto desa zona coa aturidade portuaria

VILAGARCIA> Vilagarcía e o Porto pechan dous novos acordos para a xestión dos terreos do Ramal. No primeiro, o concello adquirirá a parcela más próxima á praia por máis dun millón cen mil euros. E na zona do porto do Ramal, ambas entidades compartirán o seu uso abríndoo ao público.

O pasado 30 de xuño, Porto de Vilagarcía, Concello e Xunta acadaban un acordo histórico para a transformación do vello edificio da comandancia no novo centro de saúde da vila. Na cita, os dirixentes xa adiantaron que habería máis colaboracións entre o Porto e o concello, que agora se traducen en dous novos acordos. No primeiro, o concello adquirirá o terreo do Ramal que se atopa diante da praia. Un espazo de máis de 6800 metros cadrados por un importe que supera o 1.800.000 euros.

E por outra banda, o Porto do Ramal pasará a ter un uso compartido entre o Concello e o Porto. Serán máis de 12 mil metros cadrados que se abrirán ao público.

Coa adquisición da parcela do Ramal máis a da comandancia, o concello investirá máis de 3 millóns de euros. Unha cantidade que poderá pagarse grazas aos remanentes municipais.

Para poder levar os proxectos a cabo, o concello deberá modificar o seu plan xeral de ordenación municipal. Con estes acordos, cúmprese unha vella demanda do concello de Vilagarcía de abrir á fachada marítima á vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí