A Fundación de Deportes presenta o seu programa estival

fundacion250_240610.jpgVILAGARCÍA> A Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía deseñou un ano máis, un amplo programa de actividades a desenvolver durante o verán. Seguindo o lema do organismo, "deporte para todos", haberá actividades para nenos, mozos e adultos.

Unha das actividades máis demandadas cada ano son as Escolas Multideportivas de Verán para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos. Fútbol-praia, voley–praia, basket, palas ou freesbe, todas elas desenvolveranse na praia da Concha do día 5 de xullo ó 28 de agosto, en horario de mañá. O prazo de inscrición está aberto ata finais desta mes. O custo é de 12 euros por un mes, e 18 polos dous.

A Fundación oferta ó público adulto un abano de Actividades Físico Deportivas participativas que non necesitan de inscripción previa e son de carácter gratuíto. Realizaranse na praia e no pavillón da Rúa Castelao e os interesados poden incorporarse ás mesmas cando queiran. Dentro deste apartado poderá practicarse ximnasia de mantemento, aeróbic, ioga, badminton e Tai Chi.

Os torneos de verán son outro dos grandes atractivos do programa da Fundación e unhas actividades que contan sempre cunha demanda fixa. Como xa é tradición celebraranse os torneos de volei-praia, Trimaratón (Fútbol-Baloncesto-Volei), basket-praia, futvolei, torneo de fútbol veteranos e a VI Carreira nocturna Concello de Vilagarcia de Arousa. En todas estas actividades á inscrición é de balde e os prazos para facelo xa están abertos para o torneo de basket-praia e no de volei-Praia. Os demáis irnase abrindo de xeito gradual e en función das datas de celebración das competicións que se desenvolverán entre xullo e agosto.

Os torneos de futbol praia e o de tenis serán a excepción e sí que haberá que pagar unha cota de inscrición.

O prgrama da Fundación tamén recolle unha ampla oferta de actividades náuticas, baixo o lema ‘Vilagarcía e Mares’.

Redacción Salnés