![]()
VILAGARCÍA> O ex alcalde Javier Gago acaba de ser nomeado presidente de Remolques Marítimos S.A., unha entidade empresarial pública …
… dependente da Dirección Xeral de Mariña Mercante.
Gago retoma así a súa carreira política, interrompida por uns tres meses, tras deixar a presidencia da Autoridade Portuaria de Vilagarcía e retornar ó seu posto de secretario municipal de Catoira. O político vilagarcián estará ás ordes da directora xeral de Mariña Mercante, María Isabel Durántez, e da responsable de Sasemar, Esther González. Ambas formaron parte do equipo de goberno de Pérez Touriño na Xunta.
A presidencia do porto arousán foi o último cometido de Gago, logo de 22 anos dedicados á xestión política en primeira liña, primeiro como concelleiro, logo delegado de Obras Públicas na Xunta, e finalmente como alcalde de Vilagarcía, desde 1991 ata 2007. O político arousán tamén foi deputado no Congreso.
Redacción Salnés







