PONTEVEDRA> Xunta e Deputación de Pontevedra colaboran para implantar novos servizos de transporte público en Portas, Moraña e Campo Lameiro. Trátase dun proxecto piloto impulsado pola administración provincial que comezará en abril, e que busca refo rzar as conexións coa capital pontevedresa. Os servizos serán gratuítos para os usuarios e realizaranse de luns a venres.
A Xunta súmase ao proxecto +Mobe: mobilidade rural, sostible e inclusiva en Pontevedra, impulsado pola Deputación. A iniciativa busca implantar novos servizos de transporte público, desta volta en Moraña, Portas e Campo Lameiro.
Hoxe asinouse o convenio de colaboración no Pazo Provincial. O obxectivo é avanzar na mellora da mobilidade das áreas rurais da provincia, a través da posta en marcha de novos servizos para unha mellor conexión destes concellos coa cidade de Pontevedra.
Segundo o convenio, a Deputación asumirá integramente o financiamento dos novos servizos, que se efectuarán de luns a venres, en días non festivos.
A medida, que arranca de xeito piloto en abril, aplicarase de forma gratuíta para todas as persoas usuarias.
Así, o concello de Moraña verá reforzadas de maneira significativa as conexións con Pontevedra coa implantación de seis novos servizos de transporte regular. No caso da poboación de Portas, terá á súa disposición oito novos servizos de transporte cara á cidade.











