Ferido grave tras caer co coche por un terraplén

    accidente_catoira100.jpgCATOIRA> Un veciño de Dodro resultou ferido grave tras sufrir un aparatoso accidente na estrada que une Catoira con Caldas.

    Foi sobre as cinco da tarde. Ó parecer, o home perdeu o control do Renault Laguna que conducía cando circulaba en dirección Caldas. O turismo invadiu por uns instantes o carril contrario, e acabou caendo por un terraplén duns tres metros de alto quedando coas rodas para arriba nun pequeno regato.

    Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Catoira e os bombeiros de Vilagarcía. Estes últimos estabilizaron o vehículo e colocaron unhas cordas para facilitar o acceso do médico. Ademais tiveron que excarcerar ó condutor, que estaba atrapado no interior do coche, consciente pero con síntomas de confusión.

    O ferido foi levado por unha ambulancia do 061 ó Hospital do Salnés e logo derivado ó Clínico Universitario de Santiago.

    Redacción Salnés