CAMBADOS> O PP de Cambados levará a pleno unha moción para que o concello apoie ao sector do mar fronte ao novo proxecto de lei do Cambio climático e a transición enerxética. Segundo os populares esta normativa poñería en perigo a preto de 20 empresas da vila e máis de 1000 traballadores. Agardan que todas as forzas políticas e a sociedade cambadesa se sumen á defensa do sector do mar.
As empresas comercializadoras e transformadoras dos produtos do mar ven de novo perigar o seu futuro co novo proxecto de lei do Cambio climático e a transición enerxética. Dentro desta normativa, un dos artigos impediría o aumento das concesións de moitas empresas deste sector. Para o PP de Cambados esta é unha noticia moi negativa que pon en risco miles de postos directos e indirectos.
O líder dos populares da vila defende que estas empresas traballando sen danar o medio ambiente.
Aragunde critica ao ministerio por presentar o proxecto o 19 de marzo, en plena corentena, coas limitacións que iso supuxo para a celebración de reunións. Por iso levará a pleno unha moción para que todos os partidos políticos e a sociedade cambadesa apoien a defensa do sector do mar.
Segundo Arangunde esta nova lei afectaría a 20 empresas e a máis de mil postos de traballo só en Cambados. Unhas cifras que se multiplicarían considerablemente por todas as rías baixas e en toda a comunidade a comunidade galega.