![]()
PONTEVEDRA> Os afectados polas expropiacións do vial de acceso ó porto de Vilagarcía acudiron ás oficinas de Fomento para esixir as indemnizacións.
{flowplayer}images/salnes/SINATURAS_AFECTADOS_VIAL_PORTO.flv{/flowplayer}
Unha por unha, os afectados polas expropiacións forzosas do vial de acceso ó porto de Vilagarcía presentaron as 51 reclamacións administrativas para que o Ministerio de Fomento faga efectivo o pago das indemnizacións. En total uns catro millóns de euros que o goberno central debería terlles abonado xa en maio. Así o determinou o Xulgado de Expropiación de Pontevedra en novembro do 2009.
Este proceso xurídico tería como fin conseguir que a xustiza decrete o embargo de bens patrimoniais da administración para poder así executar os pagos. Pero antes de chegar a este punto, os afectados queren esgotar a vía administrativa, e para facer presión, tamén se reuniron co subdelegado do goberno en Pontevedra.
Delfín Fernández prometeu a acompañar as reclamacións dos veciños cun informe persoal explicando a situación do colectivo e mantelos informados de tódalas xestións que se vaian realizando. O que non puido foi indicarlles o prazo concreto no que se producirían os pagos como solicitaban os afectados, pero si se comprometeu a mediar tamén na busca dunha solución a outros problemas que se derivaron das obras, como a seca de pozos artesianos.
Redacción Salnés








