A empresa adxudicataria é a culpable da parálise da rúa Vázquez Leis de Vilaxoán

VILAGARCÍA> A creba de Nexia é a culpable do retraso das obras da rúa Vázquez Leis de Vilaxoán. Así llo informou o alcalde aos veciños nunha reunión mantida no centro social do vila. Aínda que o remate da reforma vai para longo, Alberto Varela comprometeuse a emendar as deficiencias que poñen en risco aos transeúntes.

Case un ano despois de que comezase a reforma de Vázquez Leis, a obra segue sen estar rematada. Os traballos que deberían terminar en xullo levan xa dous meses parados. O alcalde de Vilagarcía reuniuse onte cos veciños de Vilaxoán para explicarlles o motivo, a creba de Neixa.

Na reunión, o alcalde explicou aos veciños as posibles solucións. Tamén se comprometeu a emendar as deficiencias que poñen en risco aos transeúntes.

Outra das medidas que tomará o concello é non cobrar as pasaxes permanentes aos veciños afectados. Alberto Varela lamentou non ter comunicación ningunha por parte dos administradores da empresa. Asegurou que están a traballar para poder rematar a obra o antes posible.

Alberto Varela agradeceu a compresión e a paciencia dos veciños da rúa Vázquez Leis e dos seus arredores. Tamén advertiu que a solución para o fin da obra non será inmediata. Os traballos polo de agora dedicaranse a emendar os xa citados perigos, para facer que sexa seguro transitar pola rúa.