Continúa en estado grave o home de Vilagarcía ferido na cabeza pola caída dunha lousa dun edificio

VILAGARCIA> Ferido de gravidade un home de Vilagarcía ao caerlle na cabeza unha lousa dun edificio. O home atopábase na terraza dunha cafetería cando o fragmento desprendeuse dende o terceiro piso. Atópase hospitalizado no hospital clínico de Santiago.

A mala sorte cebouse cun home de 54 anos de Vilagarcía de Arousa. O varón, coñecido na zona por rexentar unha pizzería, atopábase nunha cafetería da rúa Xeneral Pardiñas cando, arredor das 19 horas, unha lousa dun edificio desprendeuse e caeulle enriba. O 061 desprazouse de inmediato a zona e tras practicarlle as manobras de reanimacións, ante a gravidade, trasladárono ao hospital clínico de Santiago. O suceso conmocionou a toda a veciñanza.

O fragmento desprendeuse dende o terceiro piso do edificio, cunha altura de máis de 8 metros, impactando na cabeza do home. A lousa caeu con tanta forza que rompeu a o toldo da cafetería e incluso a mesa da terraza. Para evitar máis derrubamentos, os bombeiros comprobaron o estado das lousas da fachada do edificio e retiraron as que se atopan con risco de derrube.

Os servizos de emerxencias de Vilagarcía sospeitan que o suceso puido producirse debido a humidade producida polas choivas dos últimos días unido as altas temperaturas. Home atópase en estado grave no hospital clínico de Santiago, na unidade de coidados intensivos. Os médicos apuntan a importantes danos cerebrais a esperas da súa evolución.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí