Comeza a repatriación dos mariñeiros africanos do Bermeotarrak 4

    bermeotarrak_100_160210_copia.jpgVILAGARCÍA> O adianto de 18.000 euros comprometido pola conserveira que adquiríu a mercadoría cubrirá os seus soldos. Dos 17 enrolados, tres quedarán ata descargar o atún.

    {flowplayer}images/salnes/160210_bermeotarrak.flv{/flowplayer}

    Xa queda menos para que a tripulación africana do Bermeotarrak 4 pise terras de Ghana, Costa de Marfil e Senegal, os seus países de orixe. Atrás queda case un mes de incertidume, atrapados nun barco sen saber cando verían de novo ás súas familias e se cobrarían os días traballados en augas internacionais do Atlántico. Esta noite, o primeiro grupo dos 17 mariñeiros estranxeiros abandonará o buque para tomar o avión que os leve ó seu destino. Pouco a pouco irán abandonando todos o peirao de Ferrazo, agás tres, que permanecerán a bordo para axudar nas tarefas de descarga da mercadoría.

    A repatriación é posible grazas á mediación da Federación Internacional dos Traballadores de Transporte e da Autoridades Portuaria de Vilagarcía. Ámbalas dúas entidades axudaron a localizar un comprador para as preto de 300 toneladas de atún que permanecen aínda na adega do Bermeotarrak 4. Adquiriunas unha empresa conserveira da zona, que se comprometeu a adiantar os 18.000 euros que a empresa armadora lles debía ós mariñeiros africanos en concepto de salarios. Saldada esta débeda poden volver á casa, aínda que lles quedan por cobrar os porcentaxe de pesca, que non percibirán ata que se solucione o conflito coa empresa vasca.

    Máis difuso está o futuro dos tripulantes españois. Permanecen a bordo do barco para velar pola seguridade da mercadoría pero tamén para como medida de presión fronte á armadora para garantir o cobro dos seus soldos. En total 167.000 euros máis as porcentaxes de pesca do 2009.

    Redacción Salnés