Dúas novas ofertas poderían salvar a Thenaisie Provote no Grove

VILAGARCIA> Thenaisie provote conta con dúas ofertas para poder salvar a fábrica. Unha delas garante a continuidade de case todos os traballadores e a outra aporta unha maior contía económica. Segundo indican da CIG, serán os bancos os que decidan cal oferta aceptan.

A pesar de non recibir ofertas na primeira fase do concurso de liquidación, Tehnaisie provote aínda pode salvarse. Segundo informan dende a Cig dúas empresas estarían interesadas en facerse coa fábrica do Grove. A primeira delas, xa fixera unha oferta pola factoría de Mos na primeira fase de liquidación.

A outra empresa interesada en ambas fábricas é un grupo valenciano. Neste caso, mantendo case todos os postos de traballo.

Existe unha terceira empresa interesada, pero a súa oferta depende do apoio do Igape.

Segundo indican dende a Cig, agora serán os bancos os que decidan que oferta escoller. A súa petición é que prioricen os postos de traballo.

Dende a Cig sinalan que continuarán traballando para que o xulgado do mercantil e os bancos dean máis validez aos postos de traballo. Ao marxe desta decisión, dende o sindicato mostran o seu optimismo coa posibilidade de que a fábrica se manteña no Grove.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí