Consternación en Ribeira pola morte dun mariñeiro no naufraxio do Ficha II

    naufraxioficha1_100.jpgRIBEIRA> O pobo de Ribeira continúa consternado polo falecemento de Francisco Javier García Pouso ó naufragar o arrastreiro no que faenaba. Afortunadamente, os outros sete tripulantes do Ficha Segundo lograron salvar a vida e se atopan en bo estado. Non é a primeira vez que unha traxedia deste tipo sacude á vila barbanzá que, a principios de 2008 choraba a morte de cinco mariñeiros no afundimento do Cordero.

    {flowplayer}barbanza/naufraxioficha1.flv{/flowplayer}

    A nova do naufraxio do Ficha Segundo causou un profundo pesar entre o sector do mar.

    Desgraciadamente, o nome de Francisco Javier González Pouso vén engrosar unha longa lista de mariñeiros falecidos na mar. No porto de Ribeira lembran con tristeza sucesos similares acontecidos non hai moito, como o naufraxio do Cordero, que se cobrou a vida de tres mariñeiros galegos e dous indonesios.

    Apoio á familia

    Francisco Javier González, natural de Ribeira, tiña corenta e tres anos e levaba toda a súa vida traballando no mar. Residía no lugar de Martín, coa súa muller e dous fillos, na vivenda familiar onde hoxe se velaba o seu cadáver e ata onde se desprazaron multitude de veciños e amigos para trasladar o seu pésame ós máis achegados. A bordo do Ficha II traballaba tamén o seu cuñado que tivo máis sorte e puido salvar a vida.

    Polo momento se descoñecen as causas que provocaron o afundimento aínda que puido deberse a un golpe de mar a causa do forte vento. Capitanía Marítima abriu unha investgación para esclarecer as causas que rodearon o sinistro.

    Redacción Barbanza