RIANXO> No pleno do pasado xoves, os votos en contra do Partido Socialista, PP e BNG botaron por terra a aprobación dos orzamentos municipais presentados por Rianxo en Común.
A decisión, que colleu por sorpresa ó equipo de goberno, provocou o anuncio do alcalde, Julián Bustelo, de que se sometería a unha cuestión de confianza para sacar adiante o documento orzamentario.
Dende o goberno local, entenden que é preciso desbloquear a aprobación dos orzamentos ante as necesidades do Concello que leva tres anos cos presupostos prorrogados.
Neste 2024, as necesidades son outras polo que consideran prioritario contar cuns orzamentos adaptados á realidade actual.
A intención do rexedor é convocar xa para este venres un pleno extraordinario no que se someterá a esa cuestión de confianza, poñendo o seu cargo a disposición da Corporación.
En caso de que no prospere a cuestión de confianza, os grupos da oposición poderán formular unha moción de censura e propoñer un candidato alternativo á Alcaldía.









