Amicos continúa coa súa aposta de inserción laboral a través do PIE

RIBEIRA> O delegado da Xunta na Coruña presidiu esta mañá en Ribeira a presentación do Programa Integrado de Emprego que a entidade desenvolverá ó longo da presente anualidade.

Amicos promoverá este ano unha nova edición do seu Programa Integrado de Emprego co que busca mellorar a empregabilidade dos veciñ@s da comarca do Barbanza, moitos deles con algún tipo de diversidade funcional.

A presentación deste Plan tiña lugar esta mañá en Ribeira, coa presenza de, entre outras autoridades, o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde da localidade, Manuel Ruíz. O obxectivo deste programa de emprego non é outro que lograr a inserción no mercado laboral do 40% dun total de cen persoas participantes.

Para poder levar a cabo este programa, Amicos conta co apoio da Xunta de Galicia, Administración que aporta uns 250 mil euros.

Entre as accións formativas a desenvolver ó longo do ano figuran a realización de itinerarios curriculares ou a mellora das habilidades profesionais. Unha vez rematado o período formativo do programa poderán realizar tamén as súas prácticas, grazas a colaboración e implicación de moitas empresas da comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí