A POBRA> Gran éxito de Pequetroula, o programa de conciliación posto en marcha durante as fins de semana polo concello da Pobra. Ata o momento xa se venderon bonos por valor de mil euros a canxear no comercio local.
Pequetroula permite ás familias da Pobra conciliar ó tempo que apoian o comercio local. Este programa posto en marcha pola concellería de Promoción Económica componse dun amplo programa de actividades lúdicas que se desenvolven durante a fin de semana na praza alcalde Segundo Durán. Para asistir, os cativos adquiren un bono que posteriormente pode ser canxeado en diferentes establecementos de roupa, calzado, decoración ou mesmo de alimentación.
O bo balance desta primeira fase anima á continuidade de Pequetroula que durante todo o mes de novembro contará con inchables, obradoiros e actividades non só para nenos senón tamén para a mocidade como as sesións de cine.
Os bonos para participar en calquera destas actividades pódense mercar na oficina de turismo ou a través da web deanshop.es