O Correlingua reúne en Vilagarcía a uns 1.200 escolares

    correlingua2011_100.jpgVILAGARCÍA> Uns 1.200 rapaces de 15 centros escolares do Salnés e arredores participaron esta mañá en Vilagarcía no Correlingua 2011.

    {flowplayer}images/salnes/correlingua2011.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Uns 1.200 rapaces de 15 centros escolares do Salnés e arredores participaron esta mañá en Vilagarcía no Correlingua 2011.

    A marcha pola lingua ten este ano o lema ‘En galego sempre somos’ e volve a convidar á mocidade a reivindicar o dereito a medrar en galego. Desde a organización advirten que este tipo de actividades seguen sendo necesarias xa que se está a perder certa correa de transmisión.

    Pouco ou moito, por rebeldía ou porque é o normal, os rapaces do Salnés din que falan en galego. Precisamente, ‘por que falas en galego’ foi a pregunta que responderon algúns dos escolares galegos nun vídeo que se proxectou esta mañá, xunto a outros presentados ó concurso do Correlingua. Tamén se leu un manifesto e realizouse a tradicional marcha polo paseo da praia Compostela e o parque Miguel Hernández.

    Redacción Salnés