Louro valora positivamente as obras do Plan E 2009

    louro_poio100.jpgPOIO> O Delegado do Goberno, anunciou que o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Social, permitirá acometer 15 proxectos por un importe 1,7 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/LOURO_EN_POIO.flv{/flowplayer}

    O representante do executivo central, visitou dous das actuacións que se financiaron co Fondo Estatal de Inversión Local no 2009, a adecuación do entorno do Monumento en Memoria de Adolfo Pérez Esquivel e a ordenación de espazos públicos en A Barca. Antón Louro remarcou que o FEIL, permitiu unha inversión de más de 2,7 millóns de euros en Poio e a contratación de 158 persoas.

     O delegado do Goberno, aproveitou a visita para destacar que o Concello vai recibir máis de 1,7 millóns de euros con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Social, o novo programa posto en marcha polo Miniterio de Política Territorial.

     O alcalde de Poio agradeceu á Antón Louro a inxección de diñeiro que se está a facer dende o Executivo Central para que os concellos podan levar a cabo proxectos que están parados.

    A maiores das partidas do Ministerio de Política Territorial, Poio recibirá, a través dos Orzamentos Xerais do Estado, 400.000 euros para acondicionar e recuperar o dominio público marítimo-terrestre en Lourido.

    Redacción Salnés