![]()
VILANOVA> A partir de mañá e ata o domingo celébrase en Vilanova unha exhibición internacional de Capoeira. Organizada polo Grupo Vadeia e polo concello reunirá a 100 participantes procedentes de toda Galicia e España, Portugal, República Checa, Alemania e Italia. Esta mañá foi presentada na casa consistorial vilanovesa.
{flowplayer}images/salnes/capoeira_180210.flv{/flowplayer}
O Grupo Vadeia cumpre un ano de vida e quéreo celebrar reunindo a un cento de persoas en Vilanova facendo Capoeira. Mañá pola tarde, o sábado todo o día e o domingo pola mañá estarán reunidos sobre a pista do pavillón de deportes practicando Capoeira nas súas distintas composicións: maculele, benguela, puxada da rede e Sao Bento grande.
Pola súa parte, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, destacou o novidoso da actividade e o completo que é este deporte, que pódeno practicar persoas de tódalas idades, incluíndo nenos e maiores.
As portas do pavillón de Vilanova estarán abertas para todo aquel que se queira achegar a desfrutar de preto da exhibición. Os organizadores fixeron especial fincapé na espectacularidade da chamada ‘roda de conmemoración’, que se celebrará ás 18:30 do sábado, momento no que os participantes farán os xiros e saltos acrobáticos máis inverosímiles.
Redacción Salnés





