Comeza o cribado masivo na Illa de Arousa cunha gran resposta da veciñanza

A ILLA> O Sergas realiza na Illa de Arousa un cribado masivo a toda a poboación maior de 14 anos. No día de hoxe 3 persoas estaban convocadas para realizar unha proba voluntaria. O obxectivo é coñecer con exactitude a situación epidemiolóxica da vila.

A veciñanza da Illa de Arousa respondeu á chamada do Sergas e do seu concello para acudir ao cribado masivo. Dende primeira hora da mañá. numerosos veciños e veciñas desprazáronse cos seus vehículos ao aparcadoiro do Bao para realizar as probas voluntarias de detección da Covid 19.

O Sergas formou un dispositivo con 12 profesionais para analizar a máis de 3600 persoas. O obxectivo é coñecer a situación epidemiolóxica da vila.

A proba dividiuse en dous partes. No día de hoxe estaba convocada toda a poboación de entre 15 e 69 para recoller as tubaxes para as mostras de saliva.

A segunda parte está destinada para os maiores de 70 anos. Neste caso as probas faranse o sábado pola mañá mediante PCRs.

Os profesionais tardarán entre 24 e 48 horas en analizar todas as mostras. En canto teñan o resultado, no caso de que sexa negativo informarán por sms ao usurario, se é positivo será o médico da vila o que se poña en contacto cos pacientes mediante chamada teléfonica. Este cribado permitirá poñer en corentena a todas as persoas contaxiadas e evitar así a propagación do virus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí