O persoal da residencia de maiores de Ribadumia, de novo na rúa polos seus dereitos laborais

RIBADUMIA> O persoal da residencia de anciáns de Ribadumia volve saír á rúa na defensa dos seus dereitos laborais. Reclaman unha menor carga de traballo e que se lles compensen os festivos nos que teñen que traballar. Esixen tamén máis persoal. Din que farían falta, polo menos, medio cento de traballadores máis para poder atender dignamente ós residentes.

15 días despois da súa primeira protesta, o persoal da residencia de maiores de Ribadumia volve saír á rúa. Fano para denunciar a súa situación laboral.  Piden unha redución da carga de traballo, máis descanso e que se lles compensen os festivos nos que teñen que traballar. Tamén reclaman o incremento do cadro de persoal para poder atender mellor ós residentes. Denuncian as limitacións que padecen á hora de coidalos.

No centro traballan 75 persoas, ó cargo de 150 residentes. Din que farían falta outros 50 empregados mais. Con todo, dende a dirección do centro, gardan silencio.

Arroupando a súa concentración, o concelleiro socialista Pepe Lede. Tamén familiares dalgúns dos residentes. E anuncia que ela, persoalmente, vai emprender accións legais contra DomusVi, a empresa responsable do centro.

Os traballadores, pola súa banda, anuncian que van continuar con máis protestas ata que sexan escoitadas as súas demandas.