Meaño estrea as renovadas instalacións da praza de abastos de Dena

MEAÑO> Meaño estrea as renovadas instalacións da praza de abastos de Dena. O mercado foi obxecto dunha actuación que, entre outras cousas, corrixe o exceso de temperatura que rexistraba o edificio no verán. Para iso, instalouse aire acondicionado, converténdose nunha das poucas prazas de Galicia en contar con este servizo.

Ademais, tamén se renovou a instalación eléctrica e se reformou o chan, cun novo pavimento antideslizante.

A actuación foi posible grazas a unha achega do GALP, da Consellería do Mar, de 66.000 euros. Esta mañá visitaron esas instalacións o alcalde de Meaño, xunto co delegado da Xunta en Pontevedra. Ambos salientaron a importancia deste tipo de mellorar para poñer en valor este tipo de espazos e dinamizar a súa actividade.

Neste Mercado de Dena dan servizo catro sector: carne, peixe, froita e flores.