Álvaro Paz ve intereses persoais na candidatura de Saavedra

    alvaro_paz_100_240210_copia.jpgVILAGARCÍA> As eleccións á presidencia do Liceo Casino sacan á luz vellas polémicas entre os socios afíns a cada un dos aspirantes.

    {flowplayer}images/salnes/240210_alvaro_paz.flv{/flowplayer}

    O actual presidente en funcións do Liceo Casino, e aspirante a renovar o cargo, Álvaro Paz, prepárase para enfrontar as súas primeiras eleccións. Preséntase co reto de dotar á sociedade dunha nova sé que se levantará ó carón do futuro porto deportivo, na zona de Terra do Cavadelo, e que prevé estea rematada nos vindeiros tres ou catro anos.

    Este proxecto estrela é tamén o maior punto de confrontación entre os dous candidatos á presidencia. Álvaro Paz cuestiona as intencións de Alfonso Saavedra ó presentar a súa candidatura, aludindo a que en lugar de ambicionar o ben da sociedade, busca un rédito persoal. A explicación hai que buscala na venda que se fixo no seu día da parcela na que o Liceo tiña a súa anterior sé, en Ravella. Familiares de Saavedra, propietarios dos terreos lindantes, opuxéronse desde o principio ó proxecto de urbanización que se deseñou para a zona, e Paz insinúa que o que pretende Saavedra é intentar dar marcha atrás á cesión. Algo que xa non é posible.

    Tamén Saavedra poñía onte en cuestión a viabilidade económica do proxecto de construción da nova sé promovido por Álvaro Paz. O actual presidente en funcións asegura que os fondos obtidos da venda dos terreos de Ravella, preto dun millón setecentos mil euros, se destinarán á obra. E engade que as contas do Liceo están máis que saneadas e poden enfrontar esta actuación.

    Paz asegura que, de conseguir renovar a presidencia, non só seguirá adiante co proxecto das novas instalacións, senón que traballará para incentivar actividades que atraian a un perfil de socios cada vez máis mozo.

    Redacción Salnés