As Mareas do Barbanza unidas contra o macrovertedoiro de Lousame

    LOUSAME> As Mareas do Barbanza amosan a súa oposición á construcción do macrovertedoiro de residuos industriais de Lousame. Esta tarde representantes das agrupacións na comarca visitaron aos veciños afectados, acompañador do deputado Antón Sánchez e o Voceiro de En Marea Luis Villares. 

     

     

    Unha semana despois de fracasar o intento da plataforma vecinal de unir ao pleno do concello no rexeitamento ao macorvertedoiro de Lousame, esta tarde os veciños das parroquias afectadas recibiron a visita de representantes de En Marea e das mareas da comarca, para coñecer de primeira man a situación. Luis Villares, voceiro de En Marea, interesouse cos representantes da Plataforma Veciñal, sobre a resposta que recibían por parte do goberno local. En contra do tipo de xestión de residuos que fomenta o proxecto, aínda en estudo, amosouse tamén o alcalde pobrense, de Nós Pobra, en representación tamén do resto das agrupación barbanzás. O concelleiro da agrupación local Terras de Lousame, deixou caer tamén a posibilidade de que se cometesen outro tipo de irregularidades arredor deste proxecto. A falta de tres días para que remate o prazo de alegacións, que a alcaldesa prometeu que estudaría no pleno da semana pasada, os representantes das distintas Mareas, aproveitaron a ocasión para firmar o texto que vai presentar a plataforma veciñal para impedir a construcción de planta de residuos.