SANXENXO> O Concello de Sanxenxo homenaxea ó seu veciño Arturo Fontán, que perdeu a vida o pasado abril nas Canarias salvando a unha muller que estaba a afogarse. Nun pleno extraordinario aprobouse por unanimidade mostrar o seu recoñecemento outorgando unha medalla honorífica a súa viúva e propoñer o seu nome para unha das rúas do concello.
Os heroes unen ata ós rivais políticos. Arturo Fontán, nado en Sanxenxo, levaba vinte anos vivindo en Canarias. O pasado abril, mentres pescaba, viu como unha muller estaba a afogarse e non dubido en lanzarse a salvala. Conseguiu poñer á muller a salvo pero o sanxenxino foi engulido polo mar. Os médicos non puideron facer nada para salvar a súa vida. Hoxe o pleno da corporación da súa vila rendeulle unha homenaxe.
No pleno extraordinario acordouse outorgar unha medalla honorífica a título póstumo e propoñer o seu nome para unha das rúas do concello.
A familia mostrou o seu agradecemento polo apoio recibido.
No pleno estiveron presentes máis de 50 persoas para arroupar á familia.