Rouban nunha vivenda xoias por valor duns 12.000 euros

    BARRO> Uns descoñecidos aproveitaron o serán do martes de Entroido para entrar a roubar nunha vivenda do lugar de Fonte do Curro, en Barro.

    {flowplayer}images/salnes/roubo_xoias_barro.flv{/flowplayer}

     Os amigos do alleo aproveitaron a ausencia da familia Carballo Barral, para entrar nesta vivenda e levarse ouro e cartos por valor duns 12.000 euros. Os ladróns entraron polo lateral da finca, por onde a casa non linda con ningunha vivenda. De aí, forzando esta ventá superior, introducíronse na casa e, unha vez dentro, revolveron tódalas habitacións a conciencia na procura do seu botín; mesmo chegaron a romperllas pernas ás bonecas que foran das fillas para mirar se agochaban algo de valor dentro.

    Estes delincuentes levaron todo ouro canto encontraron e algo de cartos, deixando atrás outros obxectos de valor. Suponse que actuaron rápido e non deixaron pegada algunha; máis que unha desfeita no fogar, que sorprendeu ós propietarios nada máis entrar.

    Moncha pensa que os ladróns os tiñan vixiados de antes porque entraron xusto no momento no que non había ninguén na casa e a xente xa se recollía da rúa. Porén, algúns veciños aseguran ter visto a dous homes de algo máis duns corenta anos nun Renault Megane xusto á hora do roubo. A Garda Civil continúa a investigar o caso.

    Redacción Salnés