O Céltiga busca reaccionar ante un rival directo

futbol250_260210.jpgSALNÉS> Vilalonga e Céltiga xogan na casa, os da Illa coa necesidade imperiosa de vencer. Mentres, na Preferente Sur, Portonovo e Sanxenxo teñen dous desprazamentos a priori asequibles.

A victoria de Verín deu tranquilidade a un Vilalonga que sabe que con dez puntos máis nas once xornadas que quedan, salvaranse. Non queren deixar os deberes para o final por iso recibirán con moitas gañas a un Lalín máis necesitado. Os do Deza veñen de sumar dúas derrotas consecutivas que os volve a meter en zona perigosa. Machu é a única baixa no conxunto celeste, que recupera na portería a Roberto Pazos.

Se o Vilalonga gaña podería facerlle de paso un favor ó Céltiga, que esta semana recibe no Salvador Otero a un rival directo e en clara recuperación como o Rápido de Bouzas . Dúas victorias locais nos campos do Salnés facilitaríanlle as cousas ós da Illa; se acontece todo o contrario a situación comezaría a ser crítica. A afección agarda que sexa xa esta semana a da ecuperación e que os xogadores tiren de orgullo despois de once xornadas sen gañar e tras ser goleados no Vao. Antonio Gómez recupera para o choque a Luis Alberto, Óscar Blanco e Beni.

Na Preferente Sur, o Portonovo busca defender o segundo posto da xeral en Marín, ante un conxunto que se está a xogar a permanencia. Rial terá que afrontar o choque coa imprtante baixa no centro do campo do uruguayo Nacho.

O Sanxenxo busca achegarase de nova a esas dúas primeiras prazas que dan acceso á Terceira. As súas opcións pasan por non perdoar en campos como ó que acude o domingo, xa que o Tomiño só venceu dous partidos xogando como local. Fontán e Minso son baixa nos de Calucho.

Máis abaixo, o Arousa trata de reengancharse á pelexa cos de arriba. Son sete puntos os que o separan do ascenso, un erro máis e as posibilidades serían nulas. Este domingo terá enfronte a outro candidato ó ascenso, o Arenteiro, probablemente un dos mellores plateis da categoría.

En zona tranquila da táboa atópase o Cambados que xoga ante o Gran Peña, que suma os mesmos puntos que os de Carregal. Pénjamo será baixa importante nos de Burgáns. O

 Ribadumia, será o único que xogue na casa. Son catro xornadas sen gañar para os de Carducho que se enfrontan a un equipo imparable nos últimos meses de competición como o Cruceiro.

Redacción Salnés