O BNG homenaxea ás mártires de Cans 106 anos despois do seu asasinato

PORTO DO SON> O BNG volveu celebrar este 12 de outubro un acto en lembranza das mártires de Cans, na parroquia sonense de Nebra. A viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, presidiu esta homenaxe ás 4 mulleres asasinadas no 1916 por manifestarse en contra da suba de impostos en Porto do Son.

Malia que teñen pasado máis de cen anos a memoria das mártires de Cans segue máis viva que nunca grazas ó BNG que cada 12 de outubro celebra un acto na súa lembranza. Francisca Carou, Ramona Suárez, Xenerosa Vidal e Rosa Cadórniga foron asasinadas, xunto con Antonio Sobrado, na ponte de Cans, en Nebra, o 12 de outubro de 1916 tras mobilizarse xunto ós seus veciños polos abusivos impostos do concello de Porto do Son.

A súa causa seguen hoxe de plena actualidade ante as políticas que, din os nacionalistas, empobrecen as maiorías sociais mentres outorgan privilexios fiscais ós ricos.

O acto, que contou cun numerosos asistentes, entre eles un neto dunha das vítimas finalizou coa interpretación do himno galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí