Pose defende no Parlamento un novo ambulatorio na Comandancia

    modestopose100.jpgVILAGARCÍA> O deputado autonómico do PSOE, Modesto Pose, propuxo no Parlamento que a Xunta acepte a Comandancia para o novo centro de saúde.

    {flowplayer}images/salnes/modesto_pose.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A necesidade de mellorar as instalacións de atención primaria en Vilagarcía, é un feito aceptado por todos. No que non parecen poñerse de acordo de momento, é no emprazamento adecuado para un novo centro. Os socialistas teñen claro que o mellor lugar para facelo, son os terreos da Comandancia de Marina, por situación e por dispoñer de seguridade viaria, de accesos e de aparcamento.

    O deputado autonómico Modesto Pose lembrou hoxe que para dar unha asistencia de calidade, non é boa idea ter dous ou tres dispensarios dispersos, senón, un centro completo e accesible. O Grupo parlamentario dos socialistas de Galicia xa presentou unha proposición non de lei, instando ao goberno a aceptar os terreos da Comandancia de Mariña Despois, ao longo do dous mil dez, agardarían que se redactara o Plan Funcional e o Proxecto do Centro de Saúde.

    Pose tamén destacou que logo de tomar o pulso a cidade, incluso a membros do partido popular, están todos de acordo en que a parcela da comandancia é o lugar mais axeitado para emprazar o centro de saúde.

    Redacción Salnés