![]()
PONTEVEDRA> O PSOE avoga por un gran acordo institucional no que se fixen as directrices urbanísticas de Galicia.
{flowplayer}images/salnes/psoe_040310.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> O PSOE avoga por un gran acordo institucional no que se fixen as directrices de ordenación do territorio, do plan de ordenación do litoral e da nova lei do solo de Galicia para os vindeiros 20 e 30 anos. Así o manifestou hoxe en Pontevedra o secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez.
Pachi Vázquez reuniuse esta mañá en Pontevedra cos alcaldes e portavoces socialistas dos concellos costeiros da provincia para analizar o Plan de Ordenación do Litoral, actualmente en fase de elaboración. Vázquez indicou que o PSOE creará un equipo específico para achegar propostas cunha visión homoxénea para tódolos concellos.
Vázquez amosou a disposición dos socialistas a chegar a un gran acordo institucional en materia urbanística e pídelle ó PP tempo para poder delimitar entre todos un plan equilibrado e acabar coa especulación. O secretario xeral do PSdeG propón incluso que ese acordo só se poida modificar con dous terzos do Parlamento Galego, co ánimo de evitar que un só partido o poida botar abaixo.
Redacción Salnés










