Portos instalará un pantalán para facilitar as tarefas de descarga de peixe

    obrasportosrianxo_100310.jpgRIANXO> Portos de Galicia ten previsto instalar un pantalán aboiante na rampla da lonxa, para carga e descarga de peixe e marisco no porto de Rianxo.

    {flowplayer}barbanza/obrasportosrianxo.flv{/flowplayer}

    Nos próximos días Portos de Galicia iniciará as obras de instalación dun pantalán aboiante no porto rianxeiro para facilitarlle o traballo de carga e descarga ós mariñeiros e pescadores desta localidade. A infraestrutura, que constará de dous módulos, un de doce metros e outro de oito, estárá ubicada na rampla existente enfrente da lonxa.

    Demanda do sector

    Coa colocación deste pantalán, unha demanda que partiu da propia confraría de pescadores, evitarase que a dita rampla existente quede inutilizada tanto na pleamar como na baixamar. No primeiro caso porque apenas quedaba rampla seca dispoñible e, na baixamar, polo forte desnivel que impedía as operacións de carga e descarga.

    Mellora do acceso

    A actuación de Portos en Rianxo volve a sacar a luz un vello tema como é o proxecto de remodelación do acceso ó porto. O alcalde, Pedro Piñeiro, sinalou descoñecer as intencións do ente autonómico con esta actuación, iniciada xa polo anterior goberno bipartito e que fóra paralizada debido á oposición que levantou na localidade, xa que pretendía o derrube de varias vivendas existentes no Paseo da Ribeira.

    O rexedor rianxeiro ten solicitado dende hai tempo unha reunión co responsable deste organismo, Xosé Manuel Álvarez Campana, pero este aínda non decidiu atender a petición.

    Redacción Barbanza