Os bancos non financian o aval para o mantemento de Alfageme

    alfageme_ribadumia100.jpgSALNÉS> Dende a Consellería de Economía sinalouse que se vai levar a cabo unha segregación das plantas para proceder á venda das de Ribadumia e Vilaxoán e o peche de Vigo e O Grove.

    {flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}

     En Ribadumia as traballadoras levan dende onte á noite bloqueando a saída das mercancías en sinal de protesta pola falta de información da situación na que se atopa a conserveira. Os camións de transporte xa desistiron acudir á planta.

    A preocupación respírase non ambiente, e non é para menos, os bancos non financiarán o aval. Polo tanto, neste momento só queda a venda das plantas de Ribadumia e Vilaxoán.

    As empregadas descoñecen que empresas están interesadas en Alfageme. Dende a Consellería de Economía, tan só se explica que son conserveiras. Rosa Abuín sinalou que desta forma, pódese descartar a Rumasa.

    Outra das propostas da consellería de Javier Guerra, é que a familia Lago pague 6 millóns de euros se quere seguir ó fronte da empresa.

     Dende a CIG aseguran que van iniciar un estudo da situación de Alfageme e replantexar as mobilizacións. De non haber comprador, en dez días entraría en acción a lei concursal.

    Redacción Salnés