Os comuneiros de András reclaman axudas para a limpeza do monte

    andras_ricardo_rguez100.jpgVILANOVA> A Comunidade de Montes de András iniciará proximamente os traballos de limpeza para previr incendios.

    {flowplayer}images/salnes/andras.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> A Comunidade de Montes de András iniciará proximamente os traballos de limpeza para previr incendios.

    A primeira actuación desenvolverase onde están as árbores frondosas, unhas quince hectáreas. Logo da grande queima que padeceron no verán de 2006 estes montes foron invadidos por eucaliptos, xestas e acacias. Os primeiros foron eliminándose polos propios comuneiros pero as outras plantas xa acadaron unha altura considerable e agora precisan axuda de empresas especializadas, co custe que iso carrexa. A comunidade pode facerse cargo desta pequena área, pero esperan axudas da Xunta para limpar noutras 30 hectáreas.

    Amais das labores de silvicultura, a comunidade de montes conta xa para esta nova campaña con tres novos depósitos de auga a servizo dos operativos contra incendios. Dous deles teñen 20 mil litros de capacidade e o outro conta con 60 mil. Arestora a comunidade ten depósitos preto da estrada de András e tamén preto do miradoiro Faro das Lúas.

    Ademais de ser accesibles para as motobombas tamén o son para os helicópteros xa que están en zonas despexadas de árbores. Os depósitos son localizables ademais por GPS. O presidente da Comunidade de András advirte que a situación dos montes desta zona está agora peor do que estaba cando aconteceron os incendios de 2006.

    Redacción Salnés