A EDAR de Cambados acerca un paso máis o saneamento do río Umia

    conselleiroedar100jpg.jpgCAMBADOS > O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, inaugurou hoxe a ampliación da EDAR de Cambados…

    …que a partir de agora duplica a súa capacidade. O conselleiro insistiu na colaboración entre institucións locais, autonómicas e provinciais para conseguir sanear o río Umia. Unha inversión de catro millóns e medio de euros. Ese é o orzamento desta ampliación da EDAR de Cambados. A partir de hoxe, a planta poderá tratar as augas residuais de 44.000 habitantes case o dobre da súa capacidade anterior.fabricaedar200.jpg

     Esta ampliación enmarcase no esforzo de sanear as augas do río Umia, un dos máis contaminados de Galicia. Tamén anunciou a inmimente inaguración da EDAR de Caldas e a posible apertura dunha segunda depuradura nas inmediación do Umia. A pesar destas medidas anunciadas polo conselleiro, non todos están contentos, o deputado socialista e candidato a alcaldía de Cambados, Domingo Tabuyo asegura nun comunicado de prensa que a pesar desta mellora as medidas son claramente insuficientes. A EDAR da servicio ós habitantes de Cambados, Vilanova e Ribadumia.

    Con esta ampliación duplicáronse as líñas existentes e fixéronse melloras técnicas para garanter o pleno rendemento da planta.

    Redacción Salnés