Marta Míguez visita as obras do pavillón do colexio de Bergondo

NOIA> A actuación, cun orzamento total duns 600 mil euros, conta cunha axuda da Secretaría Xeral para o Deporte para a realización dos vestiarios. Con algo de retraso sobre o prazo de execución previsto, as obras de construcción do novo pavillón do colexio Felipe de Castro poderán estar rematadas ó longo dos próximos meses. Así o anunciou o alcalde, Santiago Freire, durante a visita realizada esta mañá ás instalacións acompañando á Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez. O novo pavillón conta cun orzamento de preto dos 600 mil euros, cofinanciados pola consellería de Educación e  tamén pola propia Secretaría Xeral para o Deporte, que aporta uns 90 mil euros para a construción dos vestiarios. Durante a visita a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, destacou a importancia da actuación, xa que ademais de suplir a falla de equipamento deportivo neste centro de infantil e de primaria, dará resposta tamén ás necesidades dos propios veciños da zona de Bergondo que poderán empregar as instalacións fóra do horario lectivo. Un feito que destacou tamén o propio director do colexio debido ás necesidades do centro en dispor dun espazo cuberto.